O PP de San Cibrao volve a subir os impostos en forma de taxas por suministro de auga e saneamento.
San Cibrao, 10 de novembro de 2010.
Ao contrario que o ano pasado cando o IPC era negativo e non se aplicou a rebaixa aos veciños, desta volta cando xa é positivo si se aplica a suba aos prezos polos servizos de auga e saneamento.
Non se lle pode pedir aos veciños que fagan un esforzo económico para pagar o saneamento cando o Concello incumple sistemáticamente vertendo ao río Barbaña.
A inxustiza aumenta cando a tarifa de conservación e mantemento de contadores, só a pagan os veciños e NON se aplica aos usuarios do POLIGONO INDUSTRIAL, a pesares de consumir máis do o doble de auga que todos os veciños do concello xuntos!!
O Concello de vai pagarlle á empresa adxudicataria do servizo de saneamento máis de 450 mil €, sen esixirlle ningún tipo de responsabilidade polos vertidos ao Barbaña.
Comparativamente con outro concello limítrofe , tamén gobernado polo PP e o servizo de abastacemento de auga adxudicado á mesma empresa existen as seguintes diferenzas:
Grazas a xestión que fai o grupo de goberno do PP de San Cibrao todos nós pagamos moito máis polo mesmo servizo que outros