O BNG solicitará que se solucionen dunha forma definitiva os problemas de tráfico do pobo de San Cibrao
28 de xullo de 2010. San Cibrao das Viñas.
O BNG de San Cibrao ben de solicitar mediante unha moción que se debatirá no pleno de mañán xoves, unha proposta para solucionar de forna definitiva os problemas de tráfico do pobo de San Cibrao; tanto os existentes na Fonteboa como na rúa Principal polo que pedimos que se tomen os seguintes acordos:
1.- que se encargue a redación dun proxecto, no que se contemple a comunicación da cidade de Ourense cos diferentes pobos, de maneira que para comunicarse non teñan que pasar cos coches polo medio do pobo de San Cibrao.
2.- que mentres non se desenrole o proxecto se tomen as medidas oportunas para regular o tráfico rodado na rúa principal de San Cibrao, así como sinalizar de maneira máis eficiente a comunicación coa A-6 e os polígonos.
3.- que se subsanen as graves deficiencias existentes no hormigón desde a praza ate a rúa fonteboa.
4.- que se tomen as medidas oportunas para regular o tráfico na rúa fonteboa.