O PP oponse a proposta feita polo BNG de reducir un 5% a asignación económica aos concelleiros por asistencia a plenos e aos demais órganos colexiados.
28 de xuño de 2010. San Cibrao das Viñas.
No pleno extraordinario celebrado hoxe para debater a aplicación do RD polo que se adoptan as medidas extraordinarias para reducir o déficit, o BNG de San Cibrao propuxo que en solidariedade coa redución salarial aplicada aos funcionarios e ao persoal laboral do concello de San Cibrao se reduza un 5% a asignación económica aos Concelleiros por asistencia a plenos Xuntas de Goberno e demais comisións delegadas.
Ademais o BNG de San Cibrao , nestes momentos de crise económica, proón racionalizar o gasto e eliminar todo o prescindible na estrutura política do goberno do PP; que pasaría por eliminar a adicación exclusiva da Concellaría da Muller e Infancia, que percibe uns emulento de máis de 22.000 euros anuais e conta ademais cunha administrativa-secretaria ao seu servizo, polo que non ten sentido unha concelleira cobrando cando o traballo o fai outra persoa.
Estas medidas de racionalización do gasto serán precisas no transcurso desta crise económica ao ver reducido os concellos o nivel de ingresos; que no caso de San Cibrao será moito maior que nos outros, xa que depende considerablemente da recadación de recursos propios ( un 58%); sendo outra administración como a Deputación de Ourense só inviste en San Cibrao un 0.65% do orzamento