O BNG demanda a creación dunha rede de tren de cercanías para unir San Cibrao coa cidade.
San Cibrao das Viñas, 27 de maio 2010
A posta en funcionamento das novas liñas ferroviárias da altas prestacións, ofrece a posibilidade de implantar unha rede ferroviaria de cercanías en varias áreas posto que moitos tramos da antiga liña quedarán sen utilidadeou cun baixo perfil de utilización.
Outras áreas metropolitanas - Vigo, A Coruña e Santiago - xa contan con estudos ou estanos realizando para facer realidade o tren de cercanías.
San Cibrao sería un dos concellos máis beneficiados coa implantación dun transporte público que tan deficiente é nestes momentos.