O BNG DE S. CIBRAO AGRADECE O APOIO DOS VECIÑOS E VECIÑAS QUE NOS VOTARON
A candidatura do BNG de S. CIBRAO queremos agradecer a todas as persoas que decidiron darnos o seu voto.
Desde xa, o Grupo Municipal do BNG de S. Cibrao comenza a traballar nas propostas recollidas no noso programa co que nos presentamos a estas eleccións municipais.
Seguiremos a traballar con honradez e coherencia facendo unha oposición firme pero responsable e constructiva. Estaremos cos problemas da xente, como estivemos sempre, a disposición de todos os veciños e veciñas do concello de S. Cibrao, e abertos a todas aquelas persoas que queiran aportar o seu gran de area para tratar de mellorar o noso Concello