O novo Pavillón de Deportes non cumpre coas medidas regramentarias.
Decembro 09. A mala xestión e a pouca capacidade da Alcaldesa e o seu grupo de goberno, levou a destinar o orzamento do FEIL 2009, na súa totalidade, a construción dun pavillón que non ten as medidas mínimas para poder xogar ao fútbol sala ou ao baloncesto. Polo que esta infraestructura non pode cumplir o fin para o que foi deseñado.
Investíronse 734.000 euros para facer unha cancha deportiva que na práctica só serve para xogar ao bátminton ou ao volibol.
Desperdiciar esta cantidade de diñeiro é a forma que ten o PP de estimular a economía e o emprego local.
Tampouco o emprazamento foi o axeitado; a carón dunha estrada que cada vez conta con máis tráfico, xa que enlaza coa A-52 e coa estrada Ou-Celanova. Ademais conta cunha porta de sída dos vestiarios a menos de 2 metros de onde pasan os vehículos, e por onde van ter acceso os nenos e as nenas , co risco que isto supón.
O BNG considera que é unha obra necesaria, si contase cos metros míninos, non só para San Cibrao, senón tamén para moitos equipos de afeccionados que estaban a espectativa para poder xogar as súas ligas e que agora ven frustrada a súa vella demanda.