O BNG demanda a través de 8 actuacións, solucionar de forma definitiva as verteduras ao Barbaña.

 San Cibrao, 28 de xaneiro de 2010

O BNG ven de demandar que a través de 8 actuacións, se  eliminen de forma definitiva as verteduras contaminantes ao río Barbaña.  Aínda que, non podemos nin debemos esquecernos de que existe responsabilidade política, por non ter tomado nin efectuado ningunha medida para que se eviten as contínuas e reiteradas agresión ao río.

Polo que solicitamos que se leven a cabo as seguíntes actuacións:

1.- Elaborar unha ordenanza Municipal Reguladora dos Vertidos á rede de Saneamento Municipal; que inclúan dereitos, deberes e obrigas dos usuarios  e posibles sancións por incumprimento.

2.- Crear un Rexistro de Empresas asentadas no Parque tecnolóxico, Polígono Industrial, Polígono Comercial Barreiros, así como outras que existan dentro do Concello, coa indicación da actividadeá que se adican, mencionando os produtos ou elementos que empregan no desenvolvemento da súa actividade. Tamén se levará un rexistro coas empresas usuarias da rede de saneamento, asentadas fóra do noso termo municipal.

3.- Elaborar un protocolo de actuación para que dunha forma periódica e de forma aleatoria, se inspecionen ás empresas usuarias da rede de saneamento.

4.- Eliminar todos os vertidos directos ao Barbaña.

5.- Esixir á empresa concesionaria do mantemento da EDAR responsabilidades económicas e legais, por non teren detectado e retido os vertidos tóxicos.

6.- Esixir aá Xunta de Galiza, que controle de forma exhaustiva o funcionamento da Edar de San Cibrao, e garanta a depuración das augas que chegan a ela.

7.- Esixir á Xunta de Galiza unha ampliación da EDAR, para que en caso de vertedura se poidan almacenar.

8.- Esixir a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que revirta as multas impostas ao Concello de San Cibrao das Viñas, por vertidos ao Barbaña, en obras de rexeneración do río , no tramo que discurre polo noso Concello.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]