A pesares das grandes carencias existentes no Concello,o grupo do PP ten sen gastar 712 mil euros do ano 2008

22 de decembro 2009. Cando estamos finalizando, o ano quedan sen gastar case que 712 mil euros do orzamento do 2008. Que  o Concello de San Cibrao teña nuha conta 712 mil euros non é froito dunha boa xestión, como algúns poden pensar, senón que é froito de non investir o diñeiro dispoñible ou non ter capacidade para facelo.

Ter tal cantidade de diñeiro e manter as veciñas e veciños de San Cibrao coa escaseza de servizos públicos, carencias en saneamento, lugares de esparcemento....é mostra da pouca capacidade de xestión  que ten o grupo que nos goberna  ou de non saber investir os diñeiros de todos nós.

Ademais, como se fora pouco o que teñen sen gastar, suben os impostos para o ano 2010 como o catastro que subirá máis dun 10% ou o do lixo que vai aumentar para o vindeiro ano un 50%.

Aos poucos días de finalizar o ano, alcaldesa e os Concelleiros do PP non teñen elaborado o orzamento para o ano 2010, polo que vamos comenzar o ano sen orzamentos.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]