O BNG demanda un novo efificio para o Centro de Saúde de Ponte Noalla.
Novembro. As reducidas dimensións dos Centros de Saúde, e en especial o de Ponte Noalla, non o fai adecuado para o desenvolvemento da práctica sanitaria. Debido a que é imposible amplialo, faise imprescindible a construción dun novo edificio.
Nestes últimos anos todos os concellos estremeiros foron modernizando os seus servizos de Atención Primaria ou teñen previsto facelo de inmediato. Así A Merca e Toén xa estrearon novos centros de saúde no 2009, e Pereiro de Aguiar e Barbadás xa teñen dotación orzamentaria para a súa construcción no 2010. Sendo San Cibrao o único que non mellora os seus centros de Atención Primaria.
O BNG ven de demandar a través dunha moción no pleno de novembro, aque o concello de San Cibrao inste a Xunta de Galicia a que nos orzamentos do ano 2010 adique unha partida destinada a construcción dun novo edificio para o Centro de Saúde de Ponte Noalla.
O grupo de goberno do PP é incapaz de xestionar e movilizar dun os recursos necesarios para a posta en marcha dun novo edificio. E o que é peor, opóñense a solicitar dotación orzamentaria á Xunta de Galicia votándo en contra de solicitude feita polo BNG.