O BNG agarda que a Xunta non recurra o dereito a cobro dos dereitos mineiros

Na imaxe, de esquerda a dereita, Mónica Velasco, Xosé Méndez, Teresa Táboas, Fco. Chivite e Gabriel Martínez

A ex-conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Taboas, e actual deputada do BNG, compareceu en roda de prensa acompañada dos membros da dirección comarcal Fco Chivite e Mónica Velasco e dos portavoces municipais da organización nacionalista en Salvaterra e As Neves , Gabriel Martinez e Xosé Mendez respectivamente.

Chivite, como veciño da comarca do Condado, agradeceulle á ex-conselleira o traballo realizado dende a consellería de Vivenda e Solo impulsando decididamente baixo o seu mandato a construcción do asentamento industrial que calificou de fundamental para o desenvolvemento económico da comarca do Condado e de todo o sur Galego.

A deputada, advertiu do risco de que o novo goberno da Xunta dea un paso atrás volvendo á situación de xullo de 2005, cando o daquela conselleiro de Política Territorial e hoxe presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo, xusto antes de abandonar o goberno, impulsara a presentación de recursos xudiciais contra o dereito ao cobro dos recursos mineiros que a xustiza lle recoñecera aos vecinos expropiados. Afirmou que o PP nunca tivo unha posición clara a respecto desta infraestructura, mais que neste momento, non se pode consentir ningún paso atrás na implantación da PLISAN.

Taboas, defendeu a vixencia e plena legalidade do convenio aprobado polo consello da Xunta e publicado en forma de Decreto no Diario Oficial de Galiza do 23 de abril de 2009, que posibilita o cobro dos dereitos mineiros polos veciños afectados, xa que contou con todos os informes xurídicos pertinentes favorables emitidos pola Asesoría Xeral da Xunta, que destacou “non son os xuristas do BNG, se non da Administración Pública Galega”.

Ao remate da comparecencia os representantes do BNG realizaron unha visita á zona onde se construe o novo asentamento industrial en terreos dos concellos de As Neves e Salvaterra de Miño.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]