O BNG posicionouse en contras das taxas por utilización das instalación deportivas e da piscina municipal

Ribadumia, 10 novembro 08. No pleno celebrado o pasado xoves o Partido Popular de Ribadumia propuxo a aprobación dos regulamentos de uso e taxas pola utilización das Casas de Cultura, Pavillóns polideportivos, campos de fútbol e a piscina de Cabanelas.
No que respeta aos regulamentos de uso o BNG logrou que se introducira, no caso das casas de cultura, un texto para deixar máis claro que o Concello debía respetar o dereito de uso prefente e gratuito que os veciños e asociacions de cada parroquia deben ter sobre as casas de cultura das súas parroquias e no caso dos campos de fútbol solicitamos que se elaborara un Planning para que poida saber a que días e horas se poden solicitar.

 O BNG de Cambados solicita un pleno extraordinario para tratar a situación actual dos cemiterios

Cambados, 8 novembro 08.  O BNG de Cambados expón que desde hai anos a Parroquia de Cambados ven dirixíndose ao Concello para solicitar que este se faga cargo do mantemento dos dous cemiterios existentes, obtendo unicamente como resposta que o concello se encargará da súa limpeza e mantemento.

 O BNG de Meis denuncia o estado lamentable da rede de sumidoiros en Zacande e o non funcionamento da depuradora da Baralla

Meis, 5 novembro 08. O BNG de Meis ven de apresentar no rexistro do Concello unha moción polo estado da depuradora da Baralla. Desde o Consello local da formación nacionalista denunciamos que se están vertendo ao río as augas sen depurar, que os cheiros son intolerabeis e que cunha simple observación das augas se pode comprobar como esta depuradora non cumple coas funcións que o goberno popular lle atribue, e que para os nacionalistas nunca foron unha realidade.

O Concello gasta o que non ten e os veciños pagamos as consecuencias

Meis, 11 novembro 2008. A última actualización do imposto MUNICIPAL do IBI (CON SUBAS DE ATÉ UN 800%) fai xurdir un profundo malestar nos veciños. A isto sumáselle que se están pasando recibos do lixo, da auga e dos sumidoiros con poucos días de diferenza, sen ter en conta que moita xente non pode asumir estes gastos en tan pouco tempo. Por qué os veciños teñen que pagar a pésima xestión do Concello?  [...]

teletipos

  • O BNG da Illa de Arousa pide instalacións para as necesidades da flota mariñeira e bateeira que A Illa ten nestes momentos [...]

  • O goberno do PP de Sanxenxo vai subir a taxa do lixo no rural un 11,72% [...]

tele bng