Novas

  

Verquido de augas fecais na Illa de Arousa

A Illa de Arousa, 3 novembro 08. Dende fai case dous anos estase a producir na zona de Semuiño un verquido continuado de augas fecais procedentes do Saneamento Municipal.
Os feitos comezaron cando debido a unha avería, os responsables do citado saneamento desviaron as augas fecais a un caño que desemboca en Semuiño. Unha vez solucionado o problema, os verquidos, lonxe de rematar, continuaron facéndose de xeito repetido durante todo este tempo, hasta a actualidade. [+]


O BNG posicionouse en contras das taxas por utilización das instalación deportivas e da piscina municipal

Ribadumia, 10 novembro 08. No pleno celebrado o pasado xoves o Partido Popular de Ribadumia propuxo a aprobación dos regulamentos de uso e taxas pola utilización das Casas de Cultura, Pavillóns polideportivos, campos de fútbol e a piscina de Cabanelas.
No que respeta aos regulamentos de uso o BNG logrou que se introducira, no caso das casas de cultura, un texto para deixar máis claro que o Concello debía respetar o dereito de uso prefente e gratuito que os veciños e asociacions de cada parroquia deben ter sobre as casas de cultura das súas parroquias e no caso dos campos de fútbol solicitamos que se elaborara un Planning para que poida saber a que días e horas se poden solicitar. [+]


O BNG de Cambados solicita un pleno extraordinario para tratar a situación actual dos cemiterios

Cambados, 8 novembro 08.  O BNG de Cambados expón que desde hai anos a Parroquia de Cambados ven dirixíndose ao Concello para solicitar que este se faga cargo do mantemento dos dous cemiterios existentes, obtendo unicamente como resposta que o concello se encargará da súa limpeza e mantemento. [+]


O BNG de Cambados solicita que a "Cata das Añadas" se celebre novamente na nosa vila

Cambados, 7 novembro 08. Sendo coñecedores de que no próximo mes de decembro celebrarase una nova edición de cata de viño albariño denominada “cata das añadas” (consistente en facer unha valoración da elaboración de viños especiais que fan moitas adegas da denominación de orixe Rias Baixas) e que nesta ocasión será Pontevedra o lugar designado para a súa celebración, hoxe presentamos no Concello unha solicitude pedindo ao alcalde: ... [+]


A forza da razón sobre do cimeterio de Cambados

Cambados, 7 novembro . Estes días volveu a aparecer nos medios de comunicación a temática da necesidade de que Cambados posúa un cemiterio municipal que poida dar servizo a todos e todas as veciñas do municipio. Que o cemiterio en Cambados sexa un servizo público é unha vella aspiración do BNG e de moitos cambadeses, e desde o grupo municipal levamos moitos anos propoñendo iniciativas para que esta demanda poida converterse nunha realidade. [+]


O BNG da Illa de Arousa pide instalacións para as necesidades da flota mariñeira e bateeira que A Illa ten nestes momentos

A Illa de Arousa. 30 outubro 08. O pasado venres 24 de outubro colocouse a primeira pedra das obras de ampliación do muelle do Cantiño, unhas obras que teñen como única finalidade ofertar instalacións para as embarcacións deportivas, olvidándose por completo das enormes necesidades que a flota mariñeira e bateeira da Illa ten nestes momentos, debido ás carencias e precariedade das infraestructuras actuais do muelle do Cantiño. [+]