Novas
Outro exemplo da pésima xestión do PSOE da Illa de Arousa
A Illa de Arousa, 1 decembro 08. O PSOE de a Illa volve a dar mostras da sua ineficacia e incapacidade de xestión, perdendo unha subvención da Consellería de Industria e Innovación, gobernada polo BNG, de 47.200 € ( case o 46% do presuposto total da obra ) para levar a electricidade ata o Campo de fútbol da Bouza. Foi a propia Delegada Provincial, Montserrat Prado quen apostou persoalmente por este investimento, pero a cambio, o PSOE deixou pasar o tempo ata quedar fóra do prazo que tiña para rematar e xustificar a obra. [+]
O Plan Sectorial de Vivenda creará, en Cambados, vivenda protexida cun investimento de 3.784.536 € e con novas zonas verdes e equipamentos
Cambados, 19 novembro 08. O BNG de Cambados destaca que o Plan Sectorial de Vivenda creará, no noso concello, vivenda protexida cun investimento de 3.784.536 € e con novas zonas verdes e equipamentos.
Esta iniciativa do nacionalismo, a través da Consellería da Vivenda e Solo da Xunta de Galiza, xerará actividade económica e facilitará a creación de emprego en Cambados.
O Plan Sectorial de Vivenda da Xunta de Galiza que se desenvolverá entre o ano 2009 e o 2017, é unha gran oportunidade para o noso Concello pois permitirá aos veciños e veciñas dispor de 141 vivendas, das cales 116 serán vivendas protexidas a prezos accesibles. [+]
o goberno municipal de Cambados non hai vontade política para atender as demandas e peticións dos veciños e veciñas
Cambados, 17 Novembro 08. Hoxe, desde o goberno municipal do PP de Cambados, deuse resposta oficial á petición do BNG de celebrar un pleno extraordinario no que se trataría a actual problemática na que se encontran os cemiterios parroquiais, así como sobre a posibilidade de construír no futuro un cemiterio público en que dese o servizo axeitado a todos os veciños e veciñas do noso concello.
Non se admitíu a solicitude presentada polo BNG alegando “incumprir o requisito formal para a convocatoria dunha sesión extraordinaria, ao non contar coa maioría necesaria para instar a súa celebración”.
Sabíamos, no momento de presentar a nosa petición no concello, que os tres concelleiros do BNG non serían suficientes para esixir a convocatoria dun pleno extraordinario, pero agardabamos que por tratarse dun tema especialmente importante para os cambadeses e cambadesas, o grupo de Goberno do PP apoiaría e aceptaría a nosa proposta de convocaría de pleno. Vemos, unha vez máis, que desde o goberno municipal de Cambados non hai vontade política para atender as demandas e peticións dos veciños e veciñas, peticións que no caso do cemiterio require unha solución con urxencia. [+]
Nova boletin en novembro do BNG de Meis
Meis, 18 novembro 08. O BNG de Meis vai distribuir un boletin informativo por todas as casas do concello que explica desde unha óptica xeral o que está acontecendo no concello nestes últimos meses onde a suba do IBI non é mais que outro síntoma do mal que van as cousas.
Podes baixar a túa computadora o boletín premendo no arquivo engadido.
O BNG invita á cidadanía de Meis a acudir ao Pleno que se celebrará este martes 25 de Novembro ás 20:30h no que solicitará a paralización inmedita e momentanea do proceso de actualización do catastro. [+]
O BNG do Salnés chama a participar na manifestación da CIG en defensa dun novo modelo económico e social
O Salnés, 12 novembro 08. O Consello Comarcal do BNG do Salnés e os cargos públicos da nosa comarca estarán presentes mañán xoves na manifestación convocada pola CIG en Pontevedra.
Diante da actual situación de crise económica global o BNG considera que a cidadanía non debe quedar pasiva, senó que debe esixir dos poderes públicos que se adopten medidas económicas e sociais que permitan salvagardar os dereitos dos sectores máis desfavorecidos e afectados pola actual situación, ao tempo que se incentivan as actuacións que aposten por unha economía produtiva. [+]
O Concello gasta o que non ten e os veciños pagamos as consecuencias
Meis, 11 novembro 2008. A última actualización do imposto MUNICIPAL do IBI (CON SUBAS DE ATÉ UN 800%) fai xurdir un profundo malestar nos veciños. A isto sumáselle que se están pasando recibos do lixo, da auga e dos sumidoiros con poucos días de diferenza, sen ter en conta que moita xente non pode asumir estes gastos en tan pouco tempo. Por qué os veciños teñen que pagar a pésima xestión do Concello? [+]