O BNG da Illa de Arousa pide instalacións para as necesidades da flota mariñeira e bateeira que A Illa ten nestes momentos
A Illa de Arousa. 30 outubro 08. O pasado venres 24 de outubro colocouse a primeira pedra das obras de ampliación do muelle do Cantiño, unhas obras que teñen como única finalidade ofertar instalacións para as embarcacións deportivas, olvidándose por completo das enormes necesidades que a flota mariñeira e bateeira da Illa ten nestes momentos, debido ás carencias e precariedade das infraestructuras actuais do muelle do Cantiño.
Os pantaláns que actualmente hai feitos son insuficientes, deficientes, e mal feitos, estando as planeadoras unhas enriba das outras, tocándose, e con uns abrigos inservibles para os ventos e o mar, sobre todo do noroeste, moi dañinos na Illa. Nin a Xunta, nin o Goberno do PSOE da Illa e o Alcalde Manuel Vázquez teñen pensado solucionar estos problemas. Os barcos de batea carecen de amarres adecuados, estando fondeados de calquera xeito na ensenada; non hai atraques para amarrar, nin de carga e descarga, as rampas actuais están moi xuntas e son enanas, sendo case inexistentes cando a marea está moi alta ou moi baixa. Agora propoñen facer unha terceira, amontonada coas outras, e ampliar algo as que existen: unha chapuza mais.
Mentras en outros portos hai amarres e atraques suficientes, ben feitos, resgardados con diques de abrigo, e onde as embarcacións están protexidas unhas das outras, na Illa seguimos a ver como nos ignoran, e nos intentan contentar con un caramelo, que pouco ou nada vai resolver os problemas e carencias da flota do mar. Está visto que a política actual consiste en darlle todo á flota e á pesca deportiva, mentras que os que vivimos do mar somos ignorados por completo.
O peor de todo isto é que nin a Xunta nin o Goberno do PSOE da Illa teñen deseñado un plan para o porto do Cantiño para o futuro, e danse por satisfietos con vernos contentos coas migallas que nos dan.
Esperemos que o Alcalde Manuel Vázquez e o Grupo de Goberno do PSOE se poñan a traballar dunha vez en cubrir as necesidades da Illa, e deixarse de inaugurar obras millonarias feitas para a foto e a galería.