O BNG posicionouse en contras das taxas por utilización das instalación deportivas e da piscina municipal

Ribadumia, 10 novembro 08. No pleno celebrado o pasado xoves o Partido Popular de Ribadumia propuxo a aprobación dos regulamentos de uso e taxas pola utilización das Casas de Cultura, Pavillóns polideportivos, campos de fútbol e a piscina de Cabanelas.

No que respeta aos regulamentos de uso o BNG logrou que se introducira, no caso das casas de cultura, un texto para deixar máis claro que o Concello debía respetar o dereito de uso prefente e gratuito que os veciños e asociacions de cada parroquia deben ter sobre as casas de cultura das súas parroquias e no caso dos campos de fútbol solicitamos que se elaborara un Planning para que poida saber a que días e horas se poden solicitar.

En canto as Taxas, o BNG solicitou a que non se cobrase no caso do campo de fútbol de Leiro-Besomaño e que AS ASOCIACIÓNS E CLUBES DEPORTIVOS AFICIONADOS EXISTENTES NO CONCELLO ESTIVESEN EXENTOS DO PAGO DAS TAXAS, TANTO NOS CAMPOS DE FÚTBOL COMA NOS PAVILLÓNS, ALGO QUE FOI REXEITADO POLO GRUPO DE GOBERNO, MOTIVO POLO QUE O BNG VOTOU EN CONTRA DA TAXA.


Finalmente tratouse a TAXA POR UTILIZACIÓN DA PISCINA: os veciños de Ribadumia terán que pagar 1 euro por toda a tempada e establecense para “os de fora” unha entrada de 1,5 euros/día no caso de ser menor de 9 anos e de 3 euros para os maiores. Ademáis no caso de querer abonarse “os de fora” terían que pagar 30 euros ao mes polos menores de 9 anos e 50 Euros os maiores.

O BNG mostrou a súa oposición a TAXA que se pretende cobrar polo acceso a piscina por considerar que parte dun concepto totalmente equivocado de ver a política, dun xeito totalmente localista e separatista. Ramón Mouriño calificou esta taxa como “aldeana e insolidaria”. Para o BNG e positivo que xente doutros Concello acuda a Ribadumia e teña a oportunidade de desfrutar dos nosos servizos, pero tamén de consumir no Concello, ao igual que nos facemos o mesmo noutros Concellos do noso arredor

Como usuarios da piscina municipal podemos entender as queixas pola saturación que en determinados é puntuais días do verán pode ter a piscina, pero eso non pode ser excusa para a imposición dunhas taxas tan elevadas e inxustas. Ademáis os veciños de Ribadumia tamén imos a sair perxudicados coas mesmas, pois non hai que esquecer que “os de fora” que acuden a piscina son, na maioría das ocasións familiares ou amigos de xente de Ribadumia que acude a piscina para estar xuntos. A partir deste ano se queremos acudir a piscina con eles teremos que abonarlles a entrada.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]