O BNG de Meis denuncia o estado lamentable da rede de sumidoiros en Zacande e o non funcionamento da depuradora da Baralla
Meis, 5 novembro 08. O BNG de Meis ven de apresentar no rexistro do Concello unha moción polo estado da depuradora da Baralla. Desde o Consello local da formación nacionalista denunciamos que se están vertendo ao río as augas sen depurar, que os cheiros son intolerabeis e que cunha simple observación das augas se pode comprobar como esta depuradora non cumple coas funcións que o goberno popular lle atribue, e que para os nacionalistas nunca foron unha realidade.
A situación chega ao extremo de atoparse, a depuradora e as súas inmediacións, nunha situación de abandono tal, que denuncian tamén que unha tapa metálica dunha arqueta , situada fóra da malla metálica da depuradora se atopa sen pechar co consabido perigo que supón, sobre todo para os cativos, que poden ver como a súa natural curiosidade os pode poñer en perigo pola desidia do goberno municipal.
O BNG en Meis esixe unha solución definita a este problema e plantexa a necesidade de mantemento e control das instalacións , en beneficio da saúde ambiental de Meis.A rede que leva as fecais de Zacande á depuradora de A Baralla ten unhas deficiencias tan grandes na súa construcción que fai que os cheiros sexan nauseabundos, que haxa filtracións fóra das tuberías e que as fecais saian á rúa polos desagúes de pluviais. Desde o Concello, en vez de optar pola solución definitiva deste problema, óptouse pola maquillaxe, así comprobamos como nalgúns puntos se selaron os ocos das beirarúas para as augas pluviais como intento de evitar os cheiros pero facendo que a calzada sexa máis perigosa nos días de choiva intensa.
A rede é tan desastrosa que en numerosísimas ocasións podemos comprobar como as augas fecais saen polas arquetas en vez de discurrir con normalidade polas tuberías provocando focos de contaminación ao longo de todo o recorrido, e deixando nas leiras e nas marxes do río as pegadas de tal desastrosa situación.
O BNG en Meis esixe unha solución definita a este problema e plantexa a necesidade de mantemento e control das instalacións , en beneficio da saúde ambiental de Meis.