Outro exemplo da pésima xestión do PSOE da Illa de Arousa
Campo de futbol da Bouza
A incapacidade do PSOE ten como consecuencia directa que o Céltiga teña que afrontar un enorme gasto no aluguer dun xerador eléctrico e no combustible para poñelo en marcha, sobre todo agora que no inverno as horas de luz natural son moi escasas. É evidente que ao Grupo de Goberno do PSOE e a Manuel Vázquez non lle importa o mais mínimo o Céltiga nin os mais de 150 nenos e nenas que están inscritos neste clube.
Supoño que o PSOE ou o seu Concelleiro Isidro García dirán que mentimos todos, que isto é demagoxia barata ( eles mércana de importación), ou que a subvención se perdeu por culpa do BNG, por non xestionar este Concello no seu lugar; pero o certo é que o PSOE sólo sabe despilfarrar cartos ( incluso millóns de euros ) en obras para a foto, de cara á galería, co único fin de recaudar votos, olvidándose das necesidades dos veciños e das veciñas da Illa, tal como neste caso.