O BNG do Salnés chama a participar na manifestación da CIG en defensa dun novo modelo económico e social

O Salnés, 12 novembro 08. O Consello Comarcal do BNG do Salnés e os cargos públicos da nosa comarca estarán presentes mañán xoves na manifestación convocada pola CIG en Pontevedra.

Diante da actual situación de crise económica global o BNG considera que a cidadanía non debe quedar pasiva, senó que debe esixir dos poderes públicos que se adopten medidas económicas e sociais que permitan salvagardar os dereitos dos sectores máis desfavorecidos e afectados pola actual situación, ao tempo que se incentivan as actuacións que aposten por unha economía produtiva.

Diante da actual situación o BNG, ademais de traballar desde as institucións nas que ten responsabilidades de goberno por poñer en marcha as medidas antes sinaladas, quere que os galegos e galegas sexamos parte activa da posibilidade de saída da crise, por iso está a desenvolver unha campaña de información e debate sobre as razóns da crise, as súas consecuancias e as nosas propostas. Campaña que na nosa comarca se iniciou o pasado luns cun Acto Público e Cambados no que o deputado Fernando Blanco falou diante dun auditorio de máis de cen persoas sobre a crise e as alternativas do nacionalismo.

A crise afecta sobre todo ás economías máis débiles, traballadores, autónomos, comerciantes, pequenos e medianos empresarios, que conforman a inmensa maioría do tecido produtivo no noso país e na comarca do Salnés; por iso o BNG fai un chamamento a estes sectores máis directamente agredidos pola crise e ao resto da cidadanía en xeral a participar mañán xoves día 13 na MANIFESTACIÓN “En defensa dun novo modelo económico e social” convocada pola CIG, que sairá ás 20:30h. da Praza da Ferraría en Pontevedra.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]