Rois, 14 de decembro de 2008.- Recentemente estase volvendo a falar dun tema que o BNG de Rois considera moi importante para o desenvolvemento do noso concello e mesmo para fixar poboación nel. Referímonos ás boas comunicacións en transporte público coa cidade de Santiago e cos concellos limítrofes, o chamado transporte metropolitano. Como é sabido ante a importancia que ten o tema, os alcaldes da comarca de Compostela veñen de falar en días pasados sobre a ampliación de liñas para que aumente o número de concellos que participan no mesmo e sexan máis os posibles usuários, chegando ata Touro, Trazo e O Pino.