Novas

O BNG DE ROIS CELEBROU O PASADO VENRES UN MITIN EN RIBASAR

Rois, 14 de febreiro de 2009.- O pasado día 13 o Bloque Nacionalista Galego do concello de Rois celebrou o seu primeiro mitin de campaña na parroquia de Ribasar. Neste acto contamos coa presenza de Rubén Cela Díaz, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia, Vitoria Rei, candidata ao Parlamento Galego pola provincia da Coruña e concelleira en Dodro polo BNG, e con Xosé Manuel Penas Patiño, concelleiro do BNG en Rois. [+]


Nova de proba

Probando a criar novas nesta páxina.

 

http://www.vieiros.com [+]


O BNG de Rois amósase preocupado pola paralización do concello.

Rois, 20 de xaneiro de 2009.- Como xa manifestamos en ocasións anteriores, reiteramos a nosa preocupación pola paralización que ven sufrindo Rois desde que o actual equipo de goberno do PP encabezado por Ramón Tojo se fixo cargo do goberno do concello. Todo isto veuse corroborado na convocatoria dalgúns dos plenos ordinarios do pasado ano e na que por primeira vez en moitas lexislaturas e ademais da pertinente lectura e aprobación da acta anterior, na orde do día constaba unicamente o punto relativo a Mocións, Rogos e Preguntas, isto é, nada a presentar pola alcaldía, ningunha proposta, ningunha iniciativa por parte do grupo de goberno, ningunha cuestión concreta para a súa aprobación.  [+]


O BNG DE ROIS MÓSTRASE PREOCUPADO POLA AUSENCIA DO ALCALDE DESTE CONCELLO NAS CONVERSAS PARA A MELLORA DO TRANSPORTE METROPOLITANO DA ÁREA DE COMPOSTELA

Rois, 14 de decembro de 2008.- Recentemente estase volvendo a falar dun tema que o BNG de Rois considera moi importante para o desenvolvemento do noso concello e mesmo para fixar poboación nel. Referímonos ás boas comunicacións en transporte público coa cidade de Santiago e cos concellos limítrofes, o chamado transporte metropolitano. Como é sabido ante a importancia que ten o tema, os alcaldes da comarca de Compostela veñen de falar en días pasados sobre a ampliación de liñas para que aumente o número de concellos que participan no mesmo e sexan máis os posibles usuários, chegando ata Touro, Trazo e O Pino. [+]


O BNG DE ROIS XA TEN PÁXINA WEB PROPIA

Rois, 12 de decembro de 2008.- O Bloque Nacionalista de Rois acaba de pór en funcionamento esta web coa que queremos manternos en contacto con todos os veciños e veciñas do concello, con todos os nosos amigos e amigas. [+]