O BNG DE ROIS CELEBROU O PASADO VENRES UN MITIN EN RIBASAR
Rois, 14 de febreiro de 2009.- O pasado día 13 o Bloque Nacionalista Galego do concello de Rois celebrou o seu primeiro mitin de campaña na parroquia de Ribasar. Neste acto contamos coa presenza de Rubén Cela Díaz, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia, Vitoria Rei, candidata ao Parlamento Galego pola provincia da Coruña e concelleira en Dodro polo BNG, e con Xosé Manuel Penas Patiño, concelleiro do BNG en Rois.
Neste mitin os tres oradores acercaron o programa do BNG aos veciños e veciñas desta parroquia, expoñendo os diferentes proxentos e logros levados adiante polo BNG no goberno galego nos últimos tres anos e medio, e explicando as apostas para o futuro do noso país, solicitando o apoio de todos e todas para acadar máis avances e non parar o progreso e cambio iniciado.
Na campaña electoral teremos dous mitins máis, o seguinte será o próximo xoves día 19 no Bar As Palmeras de Rois, onde falarán Manuel González, candidato ao Parlamento Galego e Anxo Calvo, Director Xeral de Industria, rematando a campaña en Urdilde no Hotel Marinovo, onde contaremos coa presenza de Tereixa Novo, Delegada Provincial da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
Anivádemos e acudide aos actos do BNG, queremos máis avances!!