O BNG DE ROIS MÓSTRASE PREOCUPADO POLA AUSENCIA DO ALCALDE DESTE CONCELLO NAS CONVERSAS PARA A MELLORA DO TRANSPORTE METROPOLITANO DA ÁREA DE COMPOSTELA

Rois, 14 de decembro de 2008.- Recentemente estase volvendo a falar dun tema que o BNG de Rois considera moi importante para o desenvolvemento do noso concello e mesmo para fixar poboación nel. Referímonos ás boas comunicacións en transporte público coa cidade de Santiago e cos concellos limítrofes, o chamado transporte metropolitano. Como é sabido ante a importancia que ten o tema, os alcaldes da comarca de Compostela veñen de falar en días pasados sobre a ampliación de liñas para que aumente o número de concellos que participan no mesmo e sexan máis os posibles usuários, chegando ata Touro, Trazo e O Pino.

 

Logo desta reunión, só temos que mostrar a nosa preocupación pola ausencia do Alcalde de Rois en todas estas conversas. Parécenos que este noso concello, próximo a Compostela, debe estar en todos aqueles foros onde se fale e debata sobre este tema, defendendo que o transporte metropolitano chegue aquí. Non debemos esquecer que moitos veciños e veciñas de Rois se desprazan a diario ata Santiago para traballar, para ir ao médico ou para facer compras, e moitos mozos e mozas van tamén cada dia a estudiar, o que supón un gasto considerable, sobre todo nestes tempos de dificultade económica. Insistimos na importancia de poder achegarse á nosa cidade de referencia en transporte público e a uns prezos asequibles, substituindo o uso do coche particular, pólo que Rois non pode estar ausente neste obxectivo colectivo de conseguir un maior e mellor transporte metropolitano.

Desde o BNG sempre defendemos, e seguimos a consideralo agora, que as liñas deste transporte teñen que chegar ata o concello de Rois, cando menos ata Urdilde (prolongando a liña que vai ao cruce de Os Anxeles-Brión) e ata a capital municipal (prolongando unha futura liña que chegue ata Padrón ou unha liña que pase por Bastavales e Ribasar).

Lamentamos que o Sr. Tojo mostre unha despreocupación total en problemas, como este, que afectan a moitos veciños/as e que esté ausente de lugares onde se traballa para atopar solucións aos mesmos.

Como xa denunciamos noutras ocasións temos que decir, que a dia de hoxe, Rois conta cun goberno falto de iniciativas e de interese.

 

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]