Uns orzamentos que non solventan as carencias dos veciños e veciñas

O BNG de Rianxo votou en contra do proxecto de orzamentos municipais do 2009 polas súas carencias á hora de acometer proxectos que para nós son básicos para resolver carencias das parroquias. Ademáis son cuestionábeis as contas de ingresos inflados das que parten.

 Iniciativa do BNG de Rianxo aprobada para realizar un plan de amaños de áreas de xogo infantís

É unha obriga do Concello repoñer e acondicionar as áreas para facer fronte á lexislación galega sobre parques infantís plasmada no Decreto da Xunta 245/2003. Compartindo  que é preciso solicitar a implicación doutras institucións para axudar a aplicar o decreto na súa extensión, o BNG de Rianxo cre urxente iniciar unha completa diagnose do estado actual das instalacións e realizar un plan de choque municipal de mínimos para acometer reparacións urxentes

 O BNG de Rianxo demanda a aprobación urxente dun proxecto de dotación de beirarrúas e seguridade vial para Taragoña e o Araño

O BNG de Rianxo esixirá a adopción de melloras na seguridade viaria de Taragoña e o Araño, agora que se abre a autovía. Foron dúas das zonas máis castigadas polo tráfico intenso neste último ano incluíndo varios acidentes e atropelos de peóns

Apoio unánime no pleno de Rianxo dunha moción do BNG de apoio a Palestina

A instancias do BNG o Concello de Rianxo no pleno ordinario de xaneiro condena a agresión militar sionista contra Gaza, reclamando o fin de calquera operación militar, e da blocaxe criminal á que o Estado de Israel está a someter á franxa de Gaza.  [...]

teletipos

tele bng