O BNG de Rianxo demanda a aprobación urxente dun proxecto de dotación de beirarrúas e seguridade vial para Taragoña e o Araño
Dotar de beirarrúas a Campo de Pazos é unha das prioridades no que atinxe a obras en estradas de titularidade autonómica no noso concello. Cremos de xustiza realizar axiña unha completa remodelación da travesía da antiga comarcal AC-305 despois de teren sufrido os veciños desta zona, desde o Araño a Taragoña, boa parte da circulación pesada polo peche da vía rápida ao longo destes meses. Isto mais os atascos constantes, os acidentes de vehículos e atropelo de peóns, etc. Campo de Pazos en concreto, carece a día de hoxe de beirarrúas, sendo un punto especialmente inseguro e conflitivo para a seguridade vial.
Unha vez se proceda a abrir a autovía do Barbanza compre sacar do baúl dos proxectos non realizados a dotación dun proxecto de remodelación da estrada comarcal ao paso polo Concello de Rianxo. O BNG pensa é especialmente urxente acometer obras en Campo de Pazos que melloren a seguridade vial e o paso dos peóns, dotando dunha nova apariencia urbana como procede a un lugar de tanto dinamismo comercial como Taragoña. Boa parte deste lugar carece aínda de beirarrúas.
As obras e o conseguinte peche da antiga vía rápida trasladou o peso da circulación, uns dez mil vehículos diarios, á estarad comarcal o que perxudicou especialmente á parroquia de Taragoña, que mantivo e mantén ademais case que até o final o volume circulatorio ao non abrirse ao tráfico o enlace de Taragoña e permanecer pechado o enlace de Vilariño en Boiro.
O BNG de Rianxo trasladou á parlamentaria Ana Pontón esta demanda para que se interese polos proxectos para Taragoña por parte da Consellería de Política Territorial e faga fincapé na débeda que se ten con esta localidade afectada doblemente polas obras actuais e pola escolla no pasado dun trazado de vía rápida que lle pechou o desenvolvemento cara o mar. Con esta iniciativa queremos se impulsen axiña as actuacións en Taragoña sen máis demora unha vez se abra a autovía.
Un proxecto de seguridade vial en todo o trazado polo Araño
Do mesmo xeito que en Taragoña a zona de Outeiro, os lugares da Casilla, e o Araño en xeral fóron obxecto de numerosas saídas de vía e acidentes que afectaron a peóns. É outra das asiganturas pendentes e ahí debe actuarse sen dilacións