Iniciativa do BNG de Rianxo aprobada para realizar un plan de amaños de áreas de xogo infantís
Temos detectado importantes eivas nos parques de Asados, en especial o do Colexio, en moi mal estado, así como a carón da igrexa de Taragoña, entre outros. A Xunta estabelecía unha moratoria de cinco anos para que os concellos e titulares de áreas infantís galegas se adaptasen á norma o que non se ten producido en moitos casos. Por iso o BNG de Rianxo levou ao pleno de novembro de 2008 esta iniciativa para que o Concello relice un completo estado da situación actual dos parques infantís e evitar así na medida do posíbel os acidentes.
Faise necesario revisar as superficies das áreas de xogo, que segundo os informe técnicos son fonte dun 70% das lesións. Estas superficies de amortiguación de impactos deberían ter maior espesor, cuando se trata de superficies de area ou gravilla, para favorecer que en caso de caídas sexan o menos traumáticas posíbel para os nenos e nenas. En especial vimos reclamando infructuosamente a instalación nos parques principais do Concello, de novas superficies de tartán, que amortiguan considerablemente as caídas.