COMO NUNHA EMPRESA.
Nas semanas inmediatamente anteriores á Campaña da Municipais 2011, o Partido Popular de Redondela, con grande respaldo mediático, as persoas que conformaban a súa candidatura. Entre outros adxetivos, cualificaban aos seus integrantes, como persoas que acadaran grandes éxitos profesionais. Ademáis, día si e día tamén, o actual alcalde baseaba a acción do seu equipo de goberno, en xestionar o Concello “como se dunha empresa se tratase”.
O que foi director dunha sucursal de CaixaGalicia, tén recibido unha formación que comulga ao cen por cen, co actual sistema económico. No seu discurso de investidura, mesmo chegou a calificar a situación actual de “difícil”. Non se cuestiona ao sistema, senón a quen xestiona a crise. Polo tanto o que maior rendabilidade económica saque da situación, vai saír vencedor. Eís onde se basea a alternancia entre PSOE e PP.
A recente decisión de eliminar o servizo de bicicletas de Chapela, vén de corroborar esta práctica. Trátase de valorar económicamente que servizos son rendíbeis, a posíbel contestación que pode ter, e como se pode xustificar dita medida. Temémonos que nestes vindeiros meses diferentes servizos prestados polo concello poden seguir a mesma liña que as bicicletas (casualmente, xunto á “reubicación” do Servizo de Normalización Lingüística, ámbolos dous xestionados no mandato anterior polo BNG)
O equipo encabezado por Javier Bas, vai perfilando o seu xeito de gobernar, sempre suxeito a un estricto axuste entre inversión e beneficio. A suba dos soldos de concelleir@s, xustifícase por manter un horario de traballo no concello. Como nunha empresa.
Diante deste panorama, non podemos deixar de preguntarnos se vai significar que traballará para acadar o défice cero, tamén na xestión municipal? Suporá que aqueles servizos que non sexan rendíbeis desaparecerán? Poderán algúns funcionari@s e persoal do concello, ser expedientado ou sancionado por un baixo rendemento? Todas e algunhas cuestións máis iranse clarificando nestes vindeiros meses. O BNG non vai quedar calado