O BNG REALIZA UN REPARTO MASIVO DE BOLETÍNS
Este acto enmárcase dentro dunha campaña de difusión masiva, para dar a coñecer os e as cabeza de lista da Fronte Nacionalista nas catro provincias galegas. Preténdese facer unha entrega man a man, en contacto directo con veciños e veciñas, co obxectivo de demostrarlles que para que o noso País poida ter voz decisiva nas Cortes do Estado, cómpre manter, e mesmo ampliar a representación do BNG.
Perto de 300 mil exemplares repartiranse por toda Galiza, correspondéndolle a Redondela 5 mil.
O compromiso militante, a colaboración de simpatizantes vai ser fundamental para poder chegar a todas as parroquias do concello. Cun Proxecto político diametralmente oposto ao ofrecido por PP e PSOE, márcase como obxectivo o BNG, de aumentar o número de deputad@s nacionalistas o que facilitará unha rexeneración democrática do Estado, xunto a poñer en primeira liña de debate os problemas que afogan ao País, e cales son as nosas lexítimas aspiracións como pobo.
No caso de querer participar deste reparto informar que o local de Redondela permanece aberto os luns, mércores e venres de 18 a 20h., sendo o 690006537 o número de contacto.