O QUE HAI DETRÁS DO REXEITAMENTO DE PP E PSOE Á MOCIÓN CONTRA A PIE.
Nunha situación de grave crise económica como a que estamos a atravesar, exíxelles á primeira administración que está en contacto co veciño e coa veciña, ademáis de a prestar uns servizos públicos de calidade, a que sexan rigurosos cos gastos.
O rexeitamento tanto do Partido Popular como do Partido Socialista á moción presentada polo BNG, non pode ser interpretado como algo menor e sen importancia.
Nesta moción o que verdadeiramente estase a debater é o financiamento dos concellos galegos, da súa autonomía e mesmo do seu futuro.
Na Galiza residen máis da metade dos núcleos do Estado, cunha poboación avellentada, na que identidades como as parroquias ou os montes en man común teñen unha especial particularidade, nos que os servizos prestados a todos son de enorme custe,… Este tipo de condicións próprias, son as que nos conforman como pobo, como nación. A partir de aquí as nosas lexítimas aspiracións a autogobernarnos.
Por iso que o non de PP e PSOE, obedece a unha estratexia marcada dende Madrid, de que calquera reformulación dos tributos dos concellos, pode dar máis azos aos galegos e galegas. Seguir traballando arredor do nacionalismo organizado, pivotado polo BNG, é a única vía para dar resposta aos anceios da nosa nación, tamén en materia fiscal.