UNHA REFORMA AO SERVIZO DOS MERCADOS.

Adán enmarcou esta reforma nun proceso orquestado polas forzas económicas e políticas ao servizo do capital financieiro, de fondas raíces neoconservadoras, delimitando os aspectos básicos nos que vai modificar a calidade de vida de galegos e galegas. O deterioro paulatino e progresivo dos servizos público; a privatización da sanidade, do ensino e dos servizos sociais, que vai marcar de vez ás vindeiras xeracións. Asemade, a perda de dereitos laborais dos traballadores e traballadoras.
“Confírmase agora a tese sempre defendida polo BNG, de que si existían clases sociais, e sempre se mantivo unha loita de intereses e aspiracións. Moi poucos van a controlar a moitos, e destacou que no último ano máis de 100 millóns de persoas entraron no umbral da extrema pobreza”.
“Evidentemente unha forza como o BNG tén unha capacidade limitada para poder cambiar as cousas, pero como noutras ocasións, temos alternativa. Unha alternativa que pasa por que non haxa maiorías absolutas o vindeiro 20N. Ante este panorama só o medre do nacionalismo, nas súas diversas concepcións pode garantir unha mínima democraci  no Estado Español”. Crear unha banca pública galega, aumentar a presión fiscal para os que máis teñen e apostar polos servizos públicos e de calidade como creadores de emprego e benestar social, xunto á mellora das condicións laborais dos nosos traballadores e traballadoras, foron algúns dos aspectos que remarcou a deputada do BNG na súa intervención.
Pola súa banda o responsábel local, Xoán Carlos González, informou ao público presente que o acto enmarcábase dentro da Campaña de Información que por todo o País está desenvolvendo a Frente Nacionalista. Propostas e emendas tanto no Congreso como no Senado, solicitudes de comparencencia no Parlamento Galego, concentracións e actos públicos,… como antítese ao que non fixeron PP e PSOE, que pactaron e aprobaron a reforma da Constitución sen informar aos galegos e galegas. O BNG vaise manter na vangarda das reivindicacións sociais do noso País, tanto na Galiza como en Madrid, rematou informando o responsábel local.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]