Praza de Ponteareas
Nos últimos anos o BNG apostou pola recuperación para os vecinos e veciñas do entorno da praza de Ponteareas debe ser recuperada. Neste sentido a voceira municipal, Cecilia Pérez, propuxo que se negociara co Ministerio, para que asumira as obras e levala ao seu estado orixinal. Despois de darlle alternativa a todo o tráfico que se move ata a Amoedo, o goberno municipal podería contar co noso apoio.
A proposta saíu adiante cos votos a favor de PP e AER, e nestes momentos o Concello terá que xestionar, ou empregar fondos propios, uns cantos centos de miles de euros, para esta zona se recupere.
Pero a cuestión está no modelo de desenvolvemento que se quere implantar. O Partido Popular aposta, unha vez máis, por que o comercio de Vilavella vai mellorar substancialmente a súa situación unha vez que se constrúan na superficie da praza un aparcadoiro.
Trátase de modelos antagónicos, pois namentras que o PP aposta por seguir metendo coches no medio e medio dos núcleos urbáns, dende BNG acreditamos en que a mellora da calidade de vida de vecinos e veciñas pasa por sacar coches do centro, dinamizar a actividade comercial, facer unha vila máis accesíbel, aberta e con calidade de vida.