O BNG CALIFICA DE DECEPCIONANTE A VISITA DO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALIZA.

Cando en marzo pasado o daquela presidente de Portos de Galiza, Jose Manuel Álvarez Campana, presentou con grande profusión de medios, un macroproxecto para os vindeiros anos, comprometeuse a que as obras se licitarían en xuño, e poderían iniciarse antes de fin de ano. As previsións eran que para mediados do ano 2012, a lonxa xa estivera rematada.
O cambio na presidencia deste Ente obedece a movementos políticos internos do Partido Popular. Pero dende o BNG consideramos que por tratarse da mesma entidade os prazos e proxectos deberían seguir o seu curso ordinario.
Dende a fronte nacionalista presentamos varias preguntas no Parlamento para coñecer as partidas concretas, e os prazos. As nosas dúbidas confírmanse agora, porque a impresión que se dá coa visita de Jose Juan Durán, é que os compromisos do anterior presidente de Portos, caíron en saco roto.

Rede Natura 2000
Unha das razón que se esgrimíu nesta visita para retrasar a obra, baseábase en que a o Peirao de Cesantes atópase dentro da Rede Natura 2000. Pero é a propia Xunta de Galiza, quen no Plan Director recolle que na Enseada de S. Simón, somentes a lámina de auga está dentro deste espazo, calificación que dende a nosa organización consideramos “ moi clarificadora”.
Ademáis dentro do Plan recóllese que as actividades económicas vinculadas á explotación tradicional, como no caso do marisqueo, non sufriran ningún tipo de alteración.
Dende o Bloque Nacionalista Galego consideramos que dende Portos estase a xogar cos mariñeiros e mariscadores e mariscadoras, coas súas condicións de traballo, e mesmo co seu futuro laboral, ao adiar os prazos de xeito inxustificado. Somentes esperamos que de aquí a xuño do 2012, non se produza un novo cambio da presidencia deste Ente. Continuaremos forzando ás distintas administracións para que os compromisos se cumpran.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]