ject width="280" height="210">
Porto do Son, 27 de xullo 2012.- O BNG do Son apoia aos apicultores da Barbanza e Galiza na súa protesta en contra das fumigacións masivas que quere levar adiante o actual goberno do PP.
Porto do Son, 24 de xullo 2012.- Con motivo da celebración do Día da Patria Galega animámosvos a colocar a bandeira de Galiza nos vosos balcóns ou xanelas e agardamos que pasedes unha xornada festiva e reivindicativa no día máis grande da nosa nación.
Porto do Son, 11 de xullo 2012.- O BNG vén de denunciar públicamente nunha rolda de prensa da Portavoz Municipal, Ánxela Franco, e do Portavoz Municipal do PSdeG-PSOE, Xoán Pastor Rodríguez, a actitude dictatorial do Goberno Municipal de Porto do Son e o desprezo deste aos veciños e veciñas que as dúas formacións políticas representan no Salón de Plenos do concello.
O primeiro paso desta actitude amosárona ao principio da lexislatura cando o PP e o AVS cambiaron as regras de xogo da política municipal trasladando a celebración das sesións plenarias e as comisións informativas; os plenos mensuais e en horario de tarde pasaron a bimensuais e en horario de mañá, co único fin de entorpecer o traballo da oposición e para que a asistencia pública fose a menos posíbel e así tratar de ocultar á cidadanía a súa nefasta xestión.
O último pleno ordinario celebrado pola Corporación Municipal foi o 26 de abril de 2012, dende aquela e até a data de hoxe o BNG presentou no rexistro do concello oito mocións para seren debatidas no seguinte pleno ordinario e o PSOE presenteou tres mocións. O vindeiro pleno vaise celebrar mañá, xoves 12 de xullo ás 12.00 horas, e na orde do día da sesión plenaria non se recolle ningunha das mocións presentadas en tempo e forma polos grupos da oposición. Os únicos puntos que se van a debatir no pleno son os que presenta o grupo de goberno, que son a aprobación de distintas ordenanzas municipais, sobre todo fiscais, coma a suba do IBI, a suba das taxas das Escolas de Música e de Baile, a suba das taxas dos vaos permanentes e reserva de vía pública, a suba das taxas pola ocupación de terreos públicos con mesas, cadeiras (terrazas), a suba das taxas pola ocupación de terreos públicos con valos, puntais, estadas, grúas (obras) e a creación das taxas polos servizos da praza de abastos.
Nun momento como o actual nos que estamos a sufrir recorte tras recorte nos nosos dereitos e nos nosos petos, ao Goberno Municipal o único que lle importa é sangrar máis aos veciños a ás veciñas coa suba das taxas e a creación de novas. Ver video.
Porto do Son, 30 de xullo 2012.- O BNG do Son apoia ao sector pesqueiro e maniféstase en contra da instalación de gaiolas de salmón na Ría de Muros e Noia. [...]