QUEREMOS GALEGO!

Porto do Son, 14 de maio 2012.- Manifestación nacional pola lingua que nos une. Paremos os ataques contra o Galego. 17 de maio de 2012, ás 12 horas, na Alameda de Santiago de Compostela.

 O BNG do Son súmase á Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Porto do Son, 4 de maio 2012.- O 27 de abril presentouse en Santiago a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, constituída o pasado día 25 con representantes da  comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades (organización sindicais do ensino, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organización estudantís, partidos políticos …) co obxectivo de manifestar o rexeitamento da comunidade educativa galega ao Real Decreto-Lei 14/2012, publicado polo goberno do Estado,  esixir da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos recortes contidos no RD Lei e que o recorra por invadir as competencias  que en materia educativa ten a Xunta  de Galiza. 

No día de hoxe, o BNG de Porto do Son fixo a súa adhesión á plataforma, sumándose deste xeito a todas as mobilizacións propostas. A primeira acción será unha concentración comarcal o vindeiro martes, 8 de maio, ás 20.00 horas diante da casa do concello de Ribeira. Dende o BNG do Son facemos un chamamento á cidadanía do noso concello para que amosen o seu apoio á plataforma e asistan á concentración.

Para máis información da plataforma pinchade nesta ligazón

 Parabéns polo 1º aniversario da páxina web de AVS.

Porto do Son, 30 de abril 2012.- Con motivo do 1º aniversario da páxina web de AVS e recoñecendo a transparencia nas súas publicacións, queremos dar a coñecer os datos que non aparecen nesa páxina, para que cada quen saque as súas conclusións.

Plan de axuste innecesario.

Porto do Son, 11 de maio 2012.- Diante do pleno extraordinario da corporación que se vai a celebrar o vindeiro luns, cun único punto na orde do día que é a concertación dunha operación de crédito a longo prazo para o financiamento das obrigas de pagamento a provedores, chamado Plan de Axuste, o BNG do Son manifesta:

Este préstamo era innecesario solicitalo posto que, coa política económica que practicamos no ano e medio que estivemos no goberno, a situación económica e os pagamentos a provedores de anos anteriores estaban encamiñados para saldar, na súa totalidade, as débedas que herdamos dos anteriores gobernos municipais.

Cando o BNG chegou ao Goberno municipal a débeda deste concello con provedores ascendía a 1.745.531,29 euros e o remanente de tesourería correspondente á liquidación da conta do ano 2009 era de pouco máis de 600.000 euros, polo que o defase real das contas do PP era de máis de -1.100.000 euros.

Cando saímos do goberno a débeda con provedores ascendía a 888.992,27 euros e deixamos un remanente de tesourería correspondente á liquidación da conta do ano 2010 de 876.845,44 euros cos que saldariamos o total da débeda herdada. O desfase real das contas do goberno participado polo BNG foi de -12.000 euros, o que amosa ben ás claras a diferenza da nosa xestión económica coa do goberno do PP.

O actual goberno municipal rexeitou unha moción presentada polo BNG coa que solicitabamos que o remanente que deixamos se destinara na súa totalidade a saldar toda a débeda. Diante desta proposta o goberno do PP prefireu gastar os cartos do remanente que deixamos e agora ten que acudir a un crédito para facer o que nós lle propuxemos no seu día e que, de aceptala, non suporía ningún custo adicional para os nosos veciños e veciñas.

Neste momento o goberno vai solicitar un crédito de case 600.000 euros, a dez anos e cuns intereses que estimamos arredor do 6-7%, que suporán que teremos que devolverlle ao banco unha cantidade moi importante en intereses, preto dos 300.000 euros. Todo isto cando a banca española acaba de recibir máis de 100.000 millóns de euros de liquidez do BCE ao 1%, e eles poderán prestar aos concellos a máis dun 6%. Esta diferenza no custo do financiamento será pagada a escote polos nosos veciños e veciñas porque o concello fai un plan de axuste no que se contempla que esta operación de crédito vaise financiar, únicamente, coa suba de impostos (IBI urbana e rústica, auga, lixo ...) e coa creación de novos (movida urbana...).

Só cos intereses dun crédito innecesario, o goberno do PP, podería realizar moitas obras necesarias e non tería porque crear novas taxas e subirlle os impostos aos nosos veciños e veciñas. Por todo isto o BNG está en contra desta proposta do goberno municipal.

 

   [...]

teletipos

  • Acta do Pleno Ordinario do 26 de abril de 2012. [...]

  • Acta da Xunta de Goberno da sesión ordinaria do 3 de maio de 2012. [...]

  • Acta do Pleno Extraordinario do 30 de marzo de 2012. [...]

  • Nordés Agosto 2011 [...]