Novas

  

O BNG apoia ao sector pesqueiro da nosa ría: NON ás gaiolas de salmón!

Porto do Son, 30 de xullo 2012.- O BNG do Son apoia ao sector pesqueiro e maniféstase en contra da instalación de gaiolas de salmón na Ría de Muros e Noia. [+]


Non ás fumigacións!

Porto do Son, 27 de xullo 2012.- O BNG do Son apoia aos apicultores da Barbanza e Galiza na súa protesta en contra das fumigacións masivas que quere levar adiante o actual goberno do PP. [+]


25 de Xullo, Día da Patria Galega.

Porto do Son, 24 de xullo 2012.- Con motivo da celebración do Día da Patria Galega animámosvos a colocar a bandeira de Galiza nos vosos balcóns ou xanelas e agardamos que pasedes unha xornada festiva e reivindicativa no día máis grande da nosa nación. [+]


O BNG denuncia a actitude dictatorial do Goberno Municipal.

Porto do Son, 11 de xullo 2012.- O BNG vén de denunciar públicamente nunha rolda de prensa da Portavoz Municipal, Ánxela Franco, e do Portavoz Municipal do PSdeG-PSOE, Xoán Pastor Rodríguez, a actitude dictatorial do Goberno Municipal de Porto do Son e o desprezo deste aos veciños e veciñas que as dúas formacións políticas representan no Salón de Plenos do concello.

O primeiro paso desta actitude amosárona ao principio da lexislatura cando o PP e o AVS cambiaron as regras de xogo da política municipal trasladando a celebración das sesións plenarias e as comisións informativas; os plenos mensuais e en horario de tarde pasaron a bimensuais e en horario de mañá, co único fin de entorpecer o traballo da oposición e para que a asistencia pública fose a menos posíbel e así tratar de ocultar á cidadanía a súa nefasta xestión.

O último pleno ordinario celebrado pola Corporación Municipal foi o 26 de abril de 2012, dende aquela e até a data de hoxe o BNG presentou no rexistro do concello oito mocións para seren debatidas no seguinte pleno ordinario e o PSOE presenteou tres mocións. O vindeiro pleno vaise celebrar mañá, xoves 12 de xullo ás 12.00 horas, e na orde do día da sesión plenaria non se recolle ningunha das mocións presentadas en tempo e forma polos grupos da oposición. Os únicos puntos que se van a debatir no pleno son os que presenta o grupo de goberno, que son a aprobación de distintas ordenanzas municipais, sobre todo fiscais, coma a suba do IBI, a suba das taxas das Escolas de Música e de Baile, a suba das taxas dos vaos permanentes e reserva de vía pública, a suba das taxas pola ocupación de terreos públicos con mesas, cadeiras (terrazas), a suba das taxas pola ocupación de terreos públicos con valos, puntais, estadas, grúas (obras) e a creación das taxas polos servizos da praza de abastos.

Nun momento como o actual nos que estamos a sufrir recorte tras recorte nos nosos dereitos e nos nosos petos, ao Goberno Municipal o único que lle importa é sangrar máis aos veciños a ás veciñas coa suba das taxas e a creación de novas.   Ver video.
 [+]


A Xunta do PP quer suprimir dúas unidades en colexios do noso concello para o vindeiro curso 2012/2013.

Porto do Son, 10 de xullo 2012.- O BNG vén de presentar no rexistro do concello unha moción, para ser debatida no vindeiro pleno ordinario do mes de xullo, contra a supresión de aulas e concentración de alumnado de educación infantil e primaria que a Xunta de Galiza do PP pretende levar a cabo para o vindeiro curso académico 2012/2013.

Grazas á CIG-Ensino xa coñecemos oficialmente que a Consellería de Educación pretende suprimir na provincia da Coruña, como mínimo, 22 unidades de Educación Infantil e 34 de Primaria, en total 56. Segundo a información facilitada pola Xefatura Territorial da consellería isto suporá a supresión de 87 postos de traballo nesta provincia (34 de Educación Infantil, 47 de Educación Primaria, 2 de Inglés, 4 de Francés, 3 de Pedagoxía Terapéutica, 2 de Audición e Linguaxe e 1 de Orientación compartida).

Segundo o documento completo coas variacións de unidades e postos de traballo en centros de Educación Infantil e Primaria da provincia da Coruña remitidas pola Xefatura Territorial e relativas á elaboración do catálogo para o próximo curso 2012/2013, no concello de Porto do Son estarían afectados o CEIP de Queiruga, que perdería a única unidade que ten de Educación Primaria e un posto de traballo, e o CEIP Santa Irene, que perdería unha unidade de Educación Infantil e un posto de traballo. [+]


O BNG demanda o servizo de auga municipal para Miñortos.

Porto do Son, 10 de xullo 2012.- O BNG vén de presentar no rexistro do concello unha moción, para ser debatida no vindeiro pleno ordinario do mes de xullo, na que se solicita dotar do servizo de auga municipal ás vivendas da parroquia de Miñortos e que se paralice o cobro, que está a realizar o goberno municipal, dos enganches aos posíbeis usuarios mentres o concello non lles preste o servizo de abastecemento de auga.

Na anterior lexislatura levouse a cabo a obra da acometida de auga municipal para a parroquia de Miñortos por un importe superior aos 800 mil euros e pasado un ano do actual goberno municipal, esta infraestructura ten visos de non chegar a cumprir o seu obxectivo que era a dotación de auga á parroquia.

A día de hoxe os enganches ás casas deberían de estar xa executados tal como quedara negociado polo anterior goberno, sorprendentemente non estan todos feitos e, pola contra, estáselle a cobrar indebidamente aos potenciais usuarios estes enganches, o que é unha mostra máis do afán recadatorio que ten este goberno que lles está a cobrar un servizo que non existe e coas consecuencias negativas que tería para o concello no caso de que se presentasen reclamacións por cobrar un servizo que, polo de agora, non se pode prestar. [+]