A Xunta do PP quer suprimir dúas unidades en colexios do noso concello para o vindeiro curso 2012/2013.

Porto do Son, 10 de xullo 2012.- O BNG vén de presentar no rexistro do concello unha moción, para ser debatida no vindeiro pleno ordinario do mes de xullo, contra a supresión de aulas e concentración de alumnado de educación infantil e primaria que a Xunta de Galiza do PP pretende levar a cabo para o vindeiro curso académico 2012/2013.

Grazas á CIG-Ensino xa coñecemos oficialmente que a Consellería de Educación pretende suprimir na provincia da Coruña, como mínimo, 22 unidades de Educación Infantil e 34 de Primaria, en total 56. Segundo a información facilitada pola Xefatura Territorial da consellería isto suporá a supresión de 87 postos de traballo nesta provincia (34 de Educación Infantil, 47 de Educación Primaria, 2 de Inglés, 4 de Francés, 3 de Pedagoxía Terapéutica, 2 de Audición e Linguaxe e 1 de Orientación compartida).

Segundo o documento completo coas variacións de unidades e postos de traballo en centros de Educación Infantil e Primaria da provincia da Coruña remitidas pola Xefatura Territorial e relativas á elaboración do catálogo para o próximo curso 2012/2013, no concello de Porto do Son estarían afectados o CEIP de Queiruga, que perdería a única unidade que ten de Educación Primaria e un posto de traballo, e o CEIP Santa Irene, que perdería unha unidade de Educación Infantil e un posto de traballo.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]