O BNG rexistra tres mocións para cebater no vindeiro pleno ordinario.

Porto do Son, 16 de decembro 2011.- O BNG vén de presentar no rexistro do concello tres mocións para que sexan debatidas no vindeiro pleno ordinario.

Diante desta situación de crise na que nos atopamos, os gobernos do Estado e da Xunta están a apertar, aínda máis, as xa débiles economías das familias aplicando medidas que axudan a empeorar a súa situación económica e o seu benestar social, polo que dende o BNG vemos necesario adoptar medidas urxentes para que esta situación non vaia a máis, por iso presentamos as seguintes mocións:

- Moción para o control das abusivas comisións bancarias.

- Moción sobre a derrogación da orde pola que se aproban os prezos medios no mercado de determinados inmóbeis rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galiza para os exercicios 2010 e 2011.

- Moción sobre a anulación da tarxeta sanitaria ás persoas desempregadas e persoas ser recursos económicos.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]