Novas

  

Raimundo González Carballo, reelexido por unanimidade responsábel local do BNG

Pontevedra, 8 de marzo de 2012. A Asemblea Local do BNG en Pontevedra ven de aprobar por unanimidade a nova dirección política na localidade, encabezada por Raimundo González e Carme da Silva. [+]


Marcos Torres, novo responsábel local en Soutomaior

Soutomaior, 1 de marzo de 2012. Traballar por Soutomaior e polos dereitos dos veciños e veciñas nun contexto en que están a ser agredidos polas políticas levadas a cabo polo PP, son os obxectivos que se marca o novo responsábel local de Soutomaior, Marcos Torres [+]


A iniciativa do BNG, o concello de Moraña posiciónase contra a reforma laboral do PP, e a favor da sanidade pública e dos dereitos das mulleres

Moraña, 1 de marzo de 2012. O concello de Moraña aproba as mocións do BNG, co voto en contra do goberno municipal [+]


Iñaki Fernández Zárraga, novo Responsábel Local en Caldas

Caldas, 29 de febreiro de 2012. A Asemblea Local de Caldas ven de elexir a Iñaqui Fernández Zárraga como novo responsábel político na localidade, que substituirá tamén a Xosé Manuel Abalo na portavocía do BNG no concello unha vez que este formalizou a súa renuncia. [+]


O BNG insta á Xunta a mellorar a seguranza viaria

Pontevedra, 30 de marzo de 2012. A deputada Carme da Silva vén de presentar no Parlamento Galego unha Proposición Non de Lei para mellorar a seguranza viaria, en dous aspectos fundamentais: os contornos urbanos e periurbanos e a adecuación dos límites de velocidade ás características das vías [+]


Anxos Riveiro, reelexida Responsábel Comarcal

Pontevedra, 17 de febreiro de 2012. Cunha alta participación da militancia, a Asemblea do BNG ven de refrendar a única candidatura presentada para o Consello Comarcal, sen ningún voto en contra e unha única abstención. A nova Dirección porase a andar cos obxectivos de fortalecer a organización, combater as políticas regresivas do PP, comezando pola reforma laboral, facer fronte á crise económica e social que padece o país e defender o noso idioma e os nosos sinais de identidade. [+]