Novas

  

O BNG esixe que se garanta a seguranza viaria en Curro

Barro, 26 de marzo de 2012. O BNG ven de presentar dúas mocións no concello para que se garanta a seguranza viaria en Curro e se respete o proxecto do nó pequeno consensuado no seu día entre a Xunta e as forzas políticas e sociais.

  [+]


Ence fóra da ría

Pontevedra, 16 de abril de 2012. O BNG vén de presentar unha Proposición Non de Lei no Parlamento para que a Xunta de Galiza esixa do goberno español que se garanta que ao máis tardar en 2018 Ence e Elnosa abandonen a ría de Pontevedra. [+]


O BNG leva ao Parlamento o soterramento do tráfico no nó pequeno de Curro

Pontevedra, 27 de marzo de 2012. Carme da Silva leva ao Parlamento a demanda política e veciñal de soterrar o tráfico no nó pequeno de Curro, para dar seguridade a veciños e tráfico [+]


O BNG tacha de disparate a débeda de case 1.200.000 euros que ten contraída o concello de Barro

Barro, 21 de marzo de 2012. Os veciños e veciñas de Barro terán que pagar, durante moitos anos, as consecuencias da neglixente política económica levada a cabo polo PP, que levou ao Concello a ter unhas débedas absolutamente desproporcionadas. [+]


O BNG-Caldas solidarízase coa ANPA de Saiar

Caldas. 21 de marzo de 2012. O Portavoz do BNG en Caldas, Iñaqui Fernández Zárraga, manifesta a solidariedade do BNG coa loita que está a levar a cabo a asociación de nais e pais na defensa do centro ocupacional de Saiar para persoas con discapacidade, e contra a pretensión da Xunta de estabelecer o copago aos usuarios e usuarias. [+]


O BNG-Soutomaior informou aos veciños sobre os produtos financieiros emitidos por Caixanova e outras entidades bancarias

Soutomaior, 16 de marzo de 2012. O BNG de Soutomaior celebrou unha charla informativa, que contou cun nutido grupo de asistentes, na que se analizou polo miúdo e se aportaron respostas á delicada situación que están a vivir moitas familias no noso Concello, que foron enganados para que puxesen os seus aforros en produtos financeiros autorizados polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores para vender en bolsa; destinados, polo tanto, para os especuladores. [+]