O BNG demanda a urxente reparación da Ponte dos Portiños

Ponte dos Portiños

O BNG demanda a urxente reparación da Ponte dos Portiños, cuxa estrutura se viu afectada polas inundacións acontecidas a primeiros de ano.

Xa no pleno da corporación municipal de Moraña celebrado o pasado 4 de febreiro o BNG requiriu información ao goberno municipal sobre a situación da Ponte dos Portiños e a previsión da súa reparación.

O candidato do BNG á alcaldía de Moraña, Marcos Suárez, demanda a urxente reparación da ponte, para que non caia no esquecemento do goberno municipal. "A día de hoxe -dixo o candidato nacionalista- o seu arranxo é unha prioridade, primeiro porque a ponte sirve de comunicación entre parroquias e, segundo, pola propia seguridade dos veciños e veciñas que por alí transitan, xa que non se adoptaronsuficientes medidas de seguridade.

Unha vez máis, os responsábeis municipais, alcalde e concelleiro de obras, non son quen de dar resposta e solución aos problemas infraestruturais do noso concello.

Unha vez máis, ten que ser o BNG a única forza política que traballa na defensa dos intereses dos veciños e veciñas. Diz e o Partido Popular seguen sen facer nada e non se preocupan dos problemas veciñais, a pesares de ser a oposición con maior número de concelleiros.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]