O BNG demanda do alcalde de Portas que cree un rexistro de animais perigosos

Portas 19 de febreiro de 2010. O grupo municipal do BNG en Portas ven de presentar unha moción para que o alcalde de Portas cumpra coa lexislación vixente e proceda á creación dun rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.

O BNG lembra que o Concello ten desde hai máis de 10 anos a obriga legal de manter activo un rexistro de animais potencialmente, e só por deixadez ou neglixencia do alcalde e o seu goberno se pode entender que a día de hoxe Portas careza dun rexistro onde figuren aqueles animais de compañía susceptíbeis de ocasionar morte ou lesións a persoas ou animais

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]