A mancomunidade de Montes de Pontevedra avalía moi positivamente o programa Monte Vivo

O programa Monte Vivo é un programa pioneiro en Galiza, onde o concello, en colaboración coas comunidades de montes en man común, investíu máis de 1,5 millóns de euros na revitalización forestal de Pontevedra, promovendo a diversificación biolóxica e a recuperación do bosque autóctono.

Co programa Monte vivo realizáronse diversos traballos, tanto de silvicultura como de construción de pistas e cortafogos,  e prantáronse perto de 400.000 árbores (carballos e castiñeiros) en 800 hectáreas de terreo, o que contribuirá á recuperación paisaxística do concello.

Os representantes da Mancomunidade (que agrupa a 12 comunidades de montes de Pontevedra) quixeron agradecerlle ao Alcalde a posta en marcha e os resultados do programa Monte Vivo.

Lores asegurou que o tratamento dos montes seguirá a ser unha prioridade para o goberno municipal de Pontevedra. Para o alcalde de Pontevedra a mellora dos nosos montes é un obxectivo prioritario, que axuda a evitar problemas cos incendios, a recuperar a paisaxe e mellorar a calidade do ar, cuestións todas elas que benefícian a todos os cidadáns e cidadás de Pontevedra, polo que nos vindeiros anos se seguirá a investir no monte co obxectivo de prantar un millón de árbores.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]