O BNG esixe que se solventen as deficiencias da estrada A Goulla-Porráns
Barro, 2 de febreiro de 2010. O BNG considera que a reforma da estrada A Goulla-Porráns, recentemente inaugurada, era unha obra necesaria para a mellora da seguridade de todo o seu trazado. O que xa nos parece esaxerado é que unha obra destas características implique 8 anos de molestias e inseguridade, debido ao mal costume da Deputación de fraccionar as súas actuacións en innumerábeis fases, e se inaugure sen solucionar os problemas que se detectaron.
Non é de recibo que despois de agardar tantos anos por unha obra que todas as forzas políticas consideramos necesaria, se proceda á súa inauguración destas obras se faga sen resolver algúns problemas de construción detectados na mesma.
Un deses problemas é a rotonda de Valiñas que presenta problemas de xiro tanto para camións como para autobuses. Unhas deficiencias que foron recoñecidas mesmo polo Alcalde de Barro en sesión plenaria.
Outra das carencias detectadas é a non reposición da marquesiña que existía no entorno do cruce de Valiñas, e que permitía aos usuarios do transporte escolar resgardarse das inclemencias do tempo.
O BNG demanda que se solventen todas estas deficiencias á maior brevidade posíbel, aínda que xa se teña feito a inauguración oficial.