O BNG urxe á urbanización da PO-0404 en Cotobade
Cotobade a 3 de decembro de 2009. O BNG ven de presentar unha iniciativa no concello de Cotobade no que se urxe á Deputación a urbanizar a estrada PO-0404, dada a grande densidade de vivendas e parcelas edificábeis que existen ás súas beiras.
A carón da estrada provincial PO-0404, que une a N-541 en Viascón coa PO 232, existe, nun treito de aproximadamente dous quilómetros, un grande número de vivendas concentradas de nova creación, ademais de un grande número de parcelas urbanizábeis.
Este feito fai necesario unha actuación coordenada da Deputación provincial -de quen depende o vial- e o concello de Cotobade para urbanizar este treito de estrada, e dar os servizos que os veciños e veciñas precisan, a saber: dotación de beirarrúas, canalización de pluviais, iluminación, saneamento e mobiliario.