O PP impide que se reprobe ao alcalde de Portas, inmerso en numerosos procesos xudiciais

Portas, 18 de novembro de 2009. No pleno, solicitado pola oposición municipal para reprobar ao alcalde, quedou claro que hai un PP, desgastado e consumido polos procesos xudiciais, e un BNG que traballa para resolver os problemas reais da xente.

O pasado luns, 16 de novembro, celebrouse unha sesións extraordinaria do Pleno solicitada polos grupos da oposición, para que o máximo órgano do Concello se pronunciase sobre a situación creada pola imputación ao alcalde do PP de gravísimos delitos, tanto no ámbito persoal, por fraude fiscal á facenda pública, como na súa obstentación de cargo público, por negociacións prohibidas aos funcionarios, cando se autocontratou traballos para o concello ás súas empresas familiares.

O pleno trascorreu tal e como se esperaba. Dunha parte, o voceiro do BNG enumerou algúns dos numerosos escándalos nos que esta implicado o alcalde, e pediulle aos grupo do PP que fixese un exercicio de autoreflexión e responsabilidade, e que antepuxesen os intereses das veciñas e dos veciños de Portas aos intereses particulares do alcalde.

Doutra banda o alcalde, acurralado pola oposición e polos procesos xudiciais abertos contral el, continuou coa súa particular fuxida cara adiante, negando todas as imputacións e acusando á oposición de orquestrar unha conspiración contra el, montando un xuízo paralelo.

O PP, apoiado na súa maioría absoluta, impedíu a reprobación do alcalde, pero non puido evitar que se evidenciase que hai un grupo, o do PP, desgastado e consumido polos procesos xudiciais, mentras que doutro lado atópase o BNG, que traballa para resolver os problemas reais da xente, propoñendo ideas en lugar de causar problemas.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]