O Concello de Pontevedra envia á Xunta o PXOM
Pontevedra, 7 de outubro de 2009. O concello de Pontevedra ven de remitirlle á Xunta de Galiza o Plan Xeral de Ordenación Municipal para o seu informe, como paso previso á súa aprobación inicial.
En 14 caixas, con 16500 folios, 1.100 planos e material informático, o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Pontevedra, xa está na Xunta para o seu estudo e informe. Ten de prazo tres meses para informalo, aínda que todo apunta a que non esgotará este prazo. A partir dese momento, o PXOM volverá ao Concello para correxir o que propoña a Xunta e adaptalo á nova Lei do Solo, "se é que se aproba", afirmou César Mosqueira. Neste momento, o Concello estará a disposición da Xunta por se quere volver revisar o Plano coas modificacións introducidas.
Con este calendario, o Pleno do Concello estaría en condicións de aprobar inicialmente o Plan Xeral. Inmediatamente suspenderíanse as licenzas de obra e se pasaría á exposición pública por un periodo de dous meses, antes da súa aprobación definitiva.