Centos de persoas gozan acotío da praia fluvial

A grande afluencia diaria de xente á praia fluvial do río Lérez é a mellor constatación do éxito das intervencións que se veñen a realizar nesa área. Coa idea estratéxica de conectar cidade e río, desde a Concellería dirixida por Raimundo González Carballo estase a traballar nun importante proxecto integral consistente na recuperación e valorización da ribeira do río, as sendas fluviais, a mellora e rexenaración da illa do Cobo ou do Mirador de Monte Porreiro. A grande acollida e repercusión positiva que a nivel social están tendo estas actuacións, xunto a outras obras que se van acometer proximamente neste ámbito, evidencian este proxecto como unha das máis importantes iniciativas levadas a cabo polo BNG desde o Concello de Pontevedra. A cidadanía así o está a certificar masivamente co seu uso e aproveitamento cotiá.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]