O BNG solidarízase coas traballadoras de Trèves

A presentación por parte da empresa dun ERE para o peche da fábrica e a recisión de contrato das 133 persoas, na súa maioría mulleres, que conforman o cadro de persoal, non ten xustificación dende o punto de vista produtivo e responde, única e exclusivamente, ás intencións da multinacional francesa de aumentar os seus beneficios económicos trasladando a factoría a países so traballadores e traballadoras teñen menos dereitos laborais e un salario moi inferior.

O BNG apoia as accións de protesta do cadro de persoal e insta á Xunta de Galiza a non dar o visto bo a un ERE sen xustificación e que afectaría gravemente a moitas familias e Pontevedra e a súa comarca.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]