O BNG insta á Xunta a mellorar a seguranza viaria

Pontevedra, 30 de marzo de 2012. A deputada Carme da Silva vén de presentar no Parlamento Galego unha Proposición Non de Lei para mellorar a seguranza viaria, en dous aspectos fundamentais: os contornos urbanos e periurbanos e a adecuación dos límites de velocidade ás características das vías.

Para o BNG a seguranza viaria debe ser unha preocupación de todas as administracións públicas e axentes sociais pola súa tremenda incidencia en vidas humnas, lesións, repercusións ecomómicas e diminución da calidade de vida.

No noso país, a pesar da evidente mellora, segue a ter unha serie de factores e características diferenciais que compre atallar: o elevado índice de atropelos e a alta sinistralidade en estradas secundarias.

No Plano de Seguranza Viaria de Galiza bótase en falta o tratamento de dous ámbitos fundamentais, precisamente aqueles nos que os índices de sinistralidade seguen a ser claramente desproporcionados: por unha banda os contornos urbanos e periurbanos e, pola outra, a adecuación dos límites de velocidade ás características das vías.

A respeito do primeiro ámbito, a restrición dos límites máximos de velocidade en zonas urbanas, os elementos de deseño urbano que leven ao calmado do tráfico, o redeseño urbano para acadar contornos urbanos centrados nas persoas con restricións á mobilidade motorizada, e demais actuacións concomitantes, pode e der ser obxecto de actuacións por parte da Xunta pola vía de recomentacións técnicas e normaticas. Existen abondosas experiencias con resultados moi positivos en Concellos galegos. A Xunta debería recoller e sistematizar estas experiencias coa forma xurídica máis acaída.

En relación ao segundo ámbito, a inmensa lonxitude da rede de estradas, camiños, pistas e demais vías polas que poden circular vehículos a motor, fai que a normativa xeral estatal da Lei de Tráfico e Regulamento, sexan especialmente disfuncionais para as características de grande parte da nosa rede.

Os límites fixados pola lexislación estatal determinan que en todas as vías convencionais e non convencionais que non sexan autovíass ou vías pra automóbeis, a velocidade máxima, en ausencia de sinalización máis restritiva, é de 90 km/h. con 20 quilómetros a maiores para adiantar. Non fai falla argumentar en exceso que en pistas e estradas que non reúnan certas características mínimas de sección e segregación de usos, esta velocidade é absolutamente desproporcionada e causa dunha perigosidade inasumíbel. O BNG insta á Xunta a elaborar unhas directrices que sirvan de recomendacións para as outras administracións e de obrigado cumprimento para a propia Xunta.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]