O BNG leva ao Parlamento o soterramento do tráfico no nó pequeno de Curro
Pontevedra, 30 de marzo de 2012. Carme da Silva leva ao Parlamento a demanda política e veciñal de soterrar o tráfico no nó pequeno de Curro, para dar seguridade a veciños e tráfico, xa que se trata dun dos puntos máis perigosos da estrada debido a elevada intensidade de tránsito tanto de peóns como de vehículos.
Na Proposición Non de Lei presentada por Carme da Silva lémbrase que o actual proxecto, aprobado e pendente de execución, foi froito de combinar as solucións técnicas coa negociación cos representantes políticos e veciñais para acadar a solución máis segura. Neste proxecto soterrábase o tránsito de paso, deixando unha rotonda a nivel, tanto para a circulación do tráfico local como, sobre todo, para que as persoas que, en grande número, se moven a pé neste entorno poidan facelo con total seguridade.
A deputada nacionalista agarda que "a seriedade e rigor que debe rexer as actuacións do goberno faga que se execute, canto antes, a obra tal e cmo está prevista e orzamentada, sen introducir modificacións substanciais a respecto do proxecto pactado coas forzas políticas e sociais de Barro