O BNG-Caldas solidarízase coa ANPA de Saiar
Caldas. 21 de marzo de 2012. O Portavoz do BNG en Caldas, Iñaqui Fernández Zárraga, manifesta a solidariedade do BNG coa loita que está a levar a cabo a asociación de nais e pais na defensa do centro ocupacional de Saiar para persoas con discapacidade, e contra a pretensión da Xunta de estabelecer o copago aos usuarios e usuarias.
A Xunta pretende que os 40 usuarios e usuarias da escola aporten o 38,3% do importe das pensións ou prestacións públicas que reciben pola súa discapacidade, o que é unha proba máis das políticas antisociais do PP, que atentan de forma especialmente intensa contra os sectores máis desfavorecidos da sociedade.
O BNG lembra que os usuarios da escola de Saiar teñen dereito aos servizos dos que disfrutan debido ao seu nível de dependencia, e insta á Xunta a mudar unha postura inxusta, que afecta a persoas con rendas reducidas, e retire o copago.